Friday 03 de May de 2024

Nunzia Giannotta presenta o seu novo videoclip o domingo na Fábrica


Este domingo ás 19 horas no auditorio da Fábrica, a artista Nunzia Giannotta presenta o seu su videoclip Por las calles. O acceso é libre e gratuíto.

Nacida en Italia, é veciña de Perillo desde hai casi 3 anos. Nunzia Giannotta dedicou toda a súa vida a formarse e instruirse musicalmente, obtendo varios premios e galardóns. Emprendeu diversos proxectos tanto en solitario como coa banda “The Nunzia’s”, banda que constituíu e lidera desde hai un par de anos e incluso participou en programas de mediaset Italia, actuando a raíz delo en diferentes teatros do seu país natal.

Con claras influencias do blues, rock’n roll e soul, esta italiana afincada en Galicia preséntanos agora, en primicia, o seu novo traballo audiovisual POR LAS CALLES, o seu primer tema propio e o inicio do seu primeiro disco, que próximamente sairá á luz baixo o nome artístico “Nunzia y Dos Mundos” e co título “Kiara”, proxecto que pronto estará disponible en diferentes formatos e en redes sociais.